top of page
Buscar
  • Foto del escritorPablo Garaloces (Gerente Garacopter)

Os informativos da Televisión de Galicia empregan por primeira vez un drone para obter imaxes aéreas


Con esta innovación tecnolóxica graváronse imaxes en Dozón, que serviron de apoio ás conexións en directo sobre o temporal de neve.

Os reporteiros volveron hoxe aproveitar estas calidades técnicas para ofrecer a paisaxe de Pedrafita nas conexións en vivo dos Telexornais.

ImaxeDrone1.jpg

Santiago, 05.02.2015.- A Televisión de Galicia volve unha vez máis estar á vangarda no emprego das novas tecnoloxías, co uso que está a facer estes días dun drone para captar as imaxes que está a deixar a neve en distintas localidades galegas. A vaga de frío polar e a complexa situación nas estradas de montaña galegas propiciou que onte, por vez primeira, os Servizos Informativos da TVG utilizaran esta nova tecnoloxía para a realización de conexións en directo.

Así, “A Revista” e os Telexornais foron os primeiros espazos informativos da canle pública galega, que empregaron este sistema de obtención de imaxes aéreas para apoiar a intervención en directo da xornalista desde a localidade pontevedresa de Dozón.

Hoxe, volvéronse realizar conexións en directo desde Pedrafita do Cebreiro tamén aproveitando estas vantaxes técnicas. O drone do que dispoñen os Informativos da TVG, contratado a unha empresa galega, é un enxeño voador semellante a un helicóptero en miniatura que incorpora unha cámara HD.

A súa grande utilidade compleméntase con outra innovación incorporada con anterioridade por TVG, a Mochila 3G, que permitirá transmitir inmediatamente desde case calquera lugar, cun equipamento moi sinxelo, as imaxes recén gravadas polo drone xunto con conexións de reporteiros/as en directo. A Mochila 3G está conectada á cámara de televisión e emite pola rede móbil a través de ata 8 tarxetas telefónicas, en lugar das tradicionais e máis custosas transmisións por satélite.

Se ben agora é a primeira ocasión en que a TVG emprega o drone para coberturas informativas, xa o usara anteriormente para programas de entretemento, concretamente co espazo “Descúbreme” que amosou á audiencia numerosos tesouros galegos desde esta perspectiva aérea. Coa estrea dese programa, hai dous anos, a Galega fora unha das televisións pioneiras en empregar esta tecnoloxía en toda España.

10922695_1069638609718206_4426817557573715213_n.jpg


5 visualizaciones0 comentarios

Desing Web by Garacopter audiovisuales    © garacopter audiovisuales  todos los derechos reservados   2021/22 

bottom of page