top of page
Buscar
Fuente TVG

40 Graos Camiño de Lobos TVG


Para aqueles aos que lles guste a aventura, estean ben atentos porque a TVG vai estrear un reality show de supervivencia: "40 graos norte. Camiño de lobos". Nel, dez concursantes, cinco homes e cinco mulleres repartidos en equipos mixtos, loitarán por ser o máis forte do grupo. O concurso está en fase de gravación e poderán velo no mes maio nesta canle. "40 graos norte. Camiño de lobos" é o primeiro reality show de aventura que presenta a Televisión de Galicia. No concurso participan 10 persoas de diferentes lugares de Galicia que teñen unha paixón común: o deporte. José Antonio Argibay, coordinador de grupo na Academia Galega de Emerxencias, será quen presente o programa e lles recorde aos concursantes que para ser o mellor hai que loitar con uñas e dentes O programa está sendo gravado en espazos naturais dos concellos de Viana do Bolo, A Veiga, Petín, Quiroga, Samos e Folgoso do Courel. Nove días nos que os concursantes tiveron que enfrontarse a complicadas rutas de montaña e retos de gran dureza. 40 Graos Norte: Camiño de Lobos, proximamente, na Televisión de Galicia.

21 visualizaciones0 comentarios

Desing Web by Garacopter audiovisuales    © garacopter audiovisuales  todos los derechos reservados   2021/22 

bottom of page